ORIENTACIÓNS XERAIS SOBRE A MATERIA QUE ENTRA NO 1º EXAME DA 1º AVALIACIÓN
TEMA 1.- a terra, UN PLANETA SINGULAR
· Coñecer que é o universo, e os elementos que o forman: galaxias (Vía Láctea), sistemas planetarios (Sistema solar), planetas, satélites, cometas, asteroides, meteoritos, estrelas fugaces
· Coñecer a idade,forma e dimensións básicas ( sperficie, perímetro no ecuador, e nos polos, e radio) do noso planeta .
· As tres circunstancias básicas que fan que o planeta teña vida
· Localizar o noso planeta no Universo.
· Coñecer que é e as principais características da Vía Láctea.
· Sistema Solar : coñecer os elementos que o forman.
· Identificar os planetas interiores e exteriores do Sistema Solar.
· Coñecer o movemento de rotación da Terra e os seus efectos: sucesión dos días e as noites;movemento aparente do Sol durante o día; división da terra en vintecatro fusos horarios.Coñecer que é e onde está a liña de cambio de data. Saber calcular diferencias horarias entre dous puntos.
· Saber que é orientarse e como podemos orientarnos de noite e de día observando a naturaza.
· Coñecer o movemento de translación da Terra e a forma da súa órbita.Coñecer as consecuencias do movemento de traslación: A distinta duración dos días e moites, as estacións e as zonas térmicas. Saber delimitar nun globo terrestre as zonas térmicas.
· Coñecer as consecuencias da inclinación do eixe da Terra.
· Coñecer cándo e por qué se producen os solsticios e os equinoccios.
· Coñecer que é un mapa, para que serven e os diferentes sistemas de representación da superficie terrestre.
· Identificar e localizar nun globo terráqueo as principias liñas imaxinarias da Terra: trópicos de cáncer e capricornio ,círculos polares, ecuador, eixo terrestre, meridiano de Greenwich
· Coñecer que son paralelos e meridianos, cantos hai e para que serven.Localizar con precisión lugares e territorios utilizando a latitude e a lonxitude.
· Coñecer que é unha proxección e os principais sistemas de proxección: cilíndrica,cónica e plana .
· Coñecer que é a escala dun mapa e os tipos: gráfica e númérica. Saber calcular unha distancia a partir da escala
· Interpretar un mapa tendo en conta a escala gráfica, os símbolos convencionais utilizados, as tramas a lenda e a función das curvas de nivel.
· Coñecer distintos tipos de mapas: físicos, políticos, temáticos...
TEMA 2. O RELEVO TERRESTRE
· Identificar as características das capas que forman a estructura interna da Terra.
· Coñecer a teoría da deriva continental e explicar que son placas tectónicas e dorsais oceánicas.
· Coñecer os axentes internos ( oroxénese,terremotos e volcáns ) e externos ( Auga da chuvia e o mar, vento, vegetación e acción humana) responsables da formación e destrucción do relevo.
· Describir as partes dun volcán e dun terremoto, e explicar as consecuencias.Saber que é un maremoto e como se chama a onda que orixina
· Saber que é un sismógrafo e como se mide a forza dun terremoto.
· Sabe que significa a expresión riscos xeolóxicos e algúns riscos.
· Identificar as diferentes formas de relevo continental e oceánico: chaira, meseta, illa, arquipiélago, golfo…
· Coñecer os continentes e as formas xerais do relevo máis importantes de cada..
· Coñecer e localizar no mapa os elementos do relevo e a paisaxe de Galicia e España.
No exame haberá dez preguntas formuladas de distinta forma: definicións de termos, explicación de conceptos, recoñecemento de elementos en imaxes, situar elementos sobre um mapa mudo…Todas as preguntas do exame foron explicadas na clase, obxecto de exercicios ou actividades, e complementadas con imaxes ou videos explicativos… pero nada pode sustituir o estudo. Se ao repasar non acabas de entender algún concepto dos que entran no exame non dubides en preguntalo na clase.