T 7-8: A Prehistoria- Mesopotamia

TEMA 7

– ( p142) Que é a historia?En que dúas grandes etapas se divide a historia e que feito marca a fronteira?
– (p158) Que é a cronoloxía ? Indicar como se chama un período de: dous anos, de cinco anos, de dez anos, de cen anos, de mil anos e coñecer a que século pertece un ano calquera, e como se escribe en números romanos. Sinala os períodos de tempo en que se divide a historia, as datas que abrangue cada período, e o acontecemento que serve para marcar o final
– En que etapas se divide a Prehistoria, que significan os nomes e que período aproximado de tempo comprende cada etapa? Cales son as foantes para o coñecemento dos feitos da prehistoria e a través de que actividade conseguimos os restos?
– (p144) Definir que son simios, primates, homínidos, homo
– Cando vivíu, onde se atopou e como se lle chamou ao primeiro homínido atopado? Onde se pode dicir que naceu a humanidade?
– Que diferenzas ou factores de hominización hai entre homínidos e simios
– Coñecer a cronoloxía, lugar onde viviron, e características máis salientables das cinco especies máis impòrtantes no camiño que chega ao humano actual
– (p146) Por que aos humanos do Paleolítico se lles chama cazadores-colleiteiros? Que quere dicir que tiñan unha economía depredadora?
– Define os seguintes termos:núcleo, lasca, nómade, biface
– Saber describir os trazos máis salientables da vida no paleolítico: alimentación,instrumentos, crenzas relixiosas...
– A que chamamos arte mobiliar? De que está composto? Que son as Venus paleolíticas?
– Que son as pinturas rupestres? Cantas escolas ou estilos hai na Península? En que zonas xeográficas se fixeron, e cales son as principais características de cada escola?Que é a máxia simpática?
– (p150) Que cambios máis importantes se produciron no neolítico? Que significa sedentario? En que lugares do planeta se producíu o paso ao sedentarismo? A que se coñece como Crecente Fértil?
– Que novos instrumentos aparecen nesta época?
– Saber describir os trazos máis salientables da vida no Neolítico: alimentación,instrumentos, crenzas relixiosas...
– (p152) Que é a Idade dos metais. Cando e onde se produce? Que novidades aporta?
– Cales foron os metais que primeiro comezaron a usarse? Que procedementos se empregaron para traballalos?
– Definir os termos: aliaxe,forxa, fundición, torno, molde, metalurxia, siderurxia
– Saber describir os trazos máis salientables da vida na Idade dos metais: alimentación,instrumentos, crenzas relixiosas...
– (p154) Que son monumentos megalíticos? Explica os principias tipos
– (p156) Cales foron as principias culturas da Idade dos metais na Península?


TEMA 8

– (p164) Que coñecemos por civilizacións fluviais no mundo. Onde se produciron? Que as causaron e que transformacións se produciron.
– (p166-168) Mesopotamia: marco xeográfico e cronológico: Onde se sitúa esta zona, Que país a comprende na actualidade, en que grandes rexións se divide e que significa o nome? Como se lle chama tamén a esta zona na época prehistórica?
– Cita as civilizacións e imperios que se sucederon neste territorio.
– Describe as principais características da cultura sumeria: organizacións social, economía, relixión, vida cotiá...
– (p172) Cita as principais aportacións das culturas mesopotámicas: escritura, funcionariado, roda, arco e bóveda, ladrillo, cerámica vidrada, astronomía...
– -Como se chama a súa escritra? Por que? Sobre que escribían? Para que comezaron usando a escritura? Que son pictogramas?
– A arte mesopotámica: arquitectura e escultura, principias manifestacións: Que é un cigurat? En que se diferencia dunha pirámide? Cal é o máis coñecido?. Que son as estauas de orantes? Que finalidade tiñam? Debes daber distinguir as aportacións culturais de cada civilización, e as obras máis salientables: Estandarte de Ur,Estatua de Gudea, Estela dos voitres, Estela de Hammurabi, friso dos leóns, porta de Isthar, friso dos arqueiros...
– Que son os touros alados e para que se usaban? Que son os xardíns colgantes? En que cidade se fixeron famosos?