PROCEDEMENTO DA AVALIACIÓN

1.- Probas escritas: Realización de probas escritas de avaliación cada 2-3 temas (dúas por avaliación) que atendan aos aspectos fundamentais traballados co grupo clase. O 80 % da cualificación referirase ás probas realizadas na avaliación, agás no caso que algunha das cualificacións non acadara un mínimo de tres puntos ( neste caso habería de repetir a proba, ou sería cualificado negativamente no conxunto da nota de avaliación).
Algún dos temas poderá ser avaliado, total ou parcialmente, a través da realización dun traballo sobre o mesmo.
Os alumnos/as que suspendan unha proba poderán, tras comunicación e acordo co profesor, realizar unha recuperación da mesma.

2.-Valoración das actividades de clase:
- Control das actividades propostas para casa no prazo e condicións fixadas. ( ata un 5%).
- Participación oral (postas en común, debates sobre lecturas e traballos, preguntas...)
- Control periódico do caderno de traballo persoal do alumnado no que se reflecten as tarefas diarias completas e ordenadas: actividades realizadas, orde e limpeza, ortografía , aspectos plásticos e procedimentais ( ata un 10%).
- Seguimento e valoración de aspectos actitudinais, cumprimento das normas, actitude de atención e participación activa e crítica na aula…
- Valoración da realización de actividades de ampliación suxeridas.( conxuntamente coa participación oral ata un 5%).
- Nas actividades e probas relacionadas coa expresión escrita terase en conta a presentación, ortografía , corrección e precisión no uso do vocabulario.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Localizar lugares ou espazos nun mapa. Utilizar datos de coordenadas xeográficas. Obter información sobre o espazo representado a partir da lenda e da simboloxía..
2. Localizar nun mapa os elementos básicos que configuran o medio físico mundial, de España e de Galicia, caracterizando os trazos que predominan nun espazo concreto.
3. Comparar os rasgos físicos máis destacados (relevo, clima, augas e elementos bioxeográficos) que configuran os grandes medios naturais do planeta, con especial referencia a Galicia, localizándoos no espazo representado e analizando exemplos das paisaxes que resultan da actividade humana.
4. Interpretar a paisaxe do seu contorno, identificando os seus trazos característicos e relacionando elementos físicos, recursos e formas de asentamento rurais ou urbanos.
5. Identificar e explicar exemplos de riscos e de impactos que a acción humana ten sobre o medio, analizando as súas causas e efectos, e proporcionando medidas e condutas para prevelos e limitalos, facendo unha especial referencia ao ámbito galego.
6. Utilizar as convencións e unidades cronolóxicas e as nocións de evolución e cambio, aplicándoas a feitos e procesos referidos á prehistoria e historia antiga do mundo, da Península Ibérica e de Galicia.
7. Identificar e expoñer os cambios que supuxo a revolución neolítica na evolución da humanidade e valorar a súa importancia e as súas consecuencias ao comparalos cos elementos que conformaron as sociedades cazadoras e colleiteiras.
8. Diferenciar algunhas das primeiras civilizacións urbanas e a civilización grega, identificando os elementos orixinais desta última e valorando aspectos relevantes da súa contribución á civilización occidental.
9. Comprender os trazos característicos da cultura castrexa, a área xeográfica na que se desenvolveu e a súa particular forma de ocupación do territorio.
10. Caracterizar os trazos da organización política, económica e social da civilización romana na súa época de expansión, valorando a transcendencia da romanización na Hispania e na Gallaecia e a pervivencia do seu legado.
11. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito.

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro de texto: “Fisterra 1” 1º ESO Edelvives.
- Fotocopias de textos ou fichas de traballo
- Fotocopias de materiais complementarios
- CDs de materiais complementarios audiovisuais relacionados coas materias dos temas
- Medios relacionados coas TICS:
- uso do ordenador e proxector na aula , para poder acompañar as imaxes con presentacións, gráficos, mapas, videos…
- Aula de informática, se o horario o permite, para realizar actividades puntuais.
- Apertura dun blog con contidos especialmente de apoio, adaptados para atención á diversidade e reforzo: ampliación, ejercicios de autocorrección, actividades adaptadas…
- Saídas educativas programadas.
No presente curso prográmanse as seguintes saidas:
+ Planetario de A Coruña ( 1º trimestre)
+ Visita ao Castro de Viladonga ( 3º trimestre )

MÍNIMOS ESIXIBLES

Mínimos exisibles que se deben acadar para a aprobación das c. sociais de 1º de ESO

Tema 1:
• Coñecer a forma, as dimensións e a composición da Terra.
• Identificar as liñas imaxinarias da Terra, así como a súa posición e lonxitude.
• Localizar o noso planeta no Universo.
• Analizar as principais características da Vía Láctea.
• Coñecer os elementos que o forman o Sistema Solar
• Identificar os planetas interiores e exteriores do Sistema Solar.
• Coñecer o movemento de rotación da Terra e os seus efectos: sucesión dos días e as noites; división da terra en vintecatro fusos horarios, cambio horario, etc.
• Coñecer o movemento de translación da Terra e as características da súa órbita.
• Identificar as consecuencias da inclinación do eixe da Terra.
• Explicar a posición da Terra respecto ó Sol nas diferentes estacións do ano.
• Coñecer cándo e por qué se producen os solsticios e os equinoccios.

Tema 2:
• Coñecer os diferentes sistemas de representación da superficie terrestre
• Describir as novas técnicas que nos permiten obter unha imaxe máis precisa dos elementos da superficie da Terra: fotografías por satélite, fotografías aéreas, etc.
• Identificar e localizar nun globo terráqueo as liñas imaxinarias da Terra.
• Explicar que é a latitude e a lonxitude.
• Coñecer os diferentes sistemas de proxección cartográfica.
• Interpretar un mapa tendo en conta a escala gráfica, os símbolos convencionais utilizados, as tramas e a lenda.
• Recoñecer o tipo de mapas existentes: físicos, políticos, temáticos...
• Realizar cálculos de escala gráfica.

Tema 3:
• Identificar as características das capas que forman a estructura interna da Terra.
• Coñecer a teoría da deriva continental
• Enumerar os axentes internos e externos responsables da formación do relevo.
• Describir a estructura interna dun volcán.
• Identificar as diferentes formas de relevo continental e oceánico. .
• Identificar e localizar no mapa as grandes cordilleiras, as chairas, as illas, as penínsulas e os golfos máis importantes do mundo.
• Describir os grandes conxuntos de relevo que forman o continente europeo e localizar no mapa de Europa os mares, océanos e accidentes xeográficos máis destacados.
• Coñecer e localizar no mapa os elementos do relevo e a paisaxe de España.
.
Tema 4:
• Saber como se distribúe a auga no noso planeta.
• Coñecer o réxime dos ríos, as características do seu curso e as funcións que realizan.
• Identificar e localizar no mapa os principais mares, ríos, océanos e lagos da Terra.
• Enumerar os principias recursos que ofrecen os mares e mailos océanos.
• Reflexionar sobre os problemas de medio ambiente derivados das novas técnicas de pesca, da construcción de portos, etc.
• Identificar e localizar no mapa os principais ríos e mares de Europa e de España.
• Clasificar os ríos segundo as características climáticas da súa conca.
• Observar e analizar fotografías de diferentes paisaxes.

Tema 5:
• Coñecer a estructura e a composición da atmosfera, prestando especial atención ás características e a función da capa de ozono.
• Identificar os elementos que configuran os climas.
• Comprender os factores que condicionan as temperaturas no conxunto da Terra: altitude, latitude, distancia e proximidade ó mar.
• Observar e analizar un mapa de isotermas anuais.
• Explicaos factores que interveñen na formación das nubes e das precipitacións.
• Aprender a calcular e medi-las precipitacións e as temperaturas.
• Coñecer os factores que condicionan a presión atmosférica e os instrumentos necesarios para medila.
• Identificar os diferentes tipos de ventos, a dirección en que sopran e os factores que determinan a súa intensidade.

Tema 6:
• Identificar as grandes zonas climáticas da Terra e saber localizalas no mapa.
• Coñecer o clima, os ríos, a vexetación, a fauna e a poboación dos diferentes tipos de paisaxes do mundo: ecuatorial, tropical, desértico, polar, de alta montaña, oceánico, mediterráneo e continental.
• Analizar e comparar climogramas
• Localizar a distribución de cada tipo de clima.

Tema 7:
• Coñecer a diversidade de climas e de paisaxes existentes en Europa.
• Recoñecer a vexetación e a fauna dos medios naturais de Europa
• Coñecer as características dos diferentes tipos de climas de España e de Galicia e saber cómo se distribúen no territorio.
• Identificar a vexetación natural da Península Ibérica e das Illas Canarias.
• Describir as principais características dos distintos tipos de paisaxes humanizadas de España: atlántica, continental, mediterránea e canaria.
• Saber cómo se distribúe a poboación nas diferentes paisaxes do territorio español e cómo son os seus núcleos de poboación.
• Analizar as características específicas de cada tipo de paisaxe, mediante a observación de fotografías e debuxos.
• Coñecer as características dos ríos, a vexetación e as paisaxes de Galicia.

Tema 8:
• Coñecer os nosos ecosistemas e cómo se interrelacionan.
• Estudio dos ecosistemas e do medio ambiente.
• Analizar as características dun ecosistema mariño.
• Identificar os residuos e os elementos contaminantes que se producen nas cidades.
• Explicar as causas e as consecuencias da contaminación, prestando especial atención ó progresivo quentamento que padece o noso planeta.
• Enumerar os axentes responsables da contaminación.
• Coñecer os problemas do medio ambiente derivados da desertización da paisaxe.
• Analizar as causas e as consecuencias dos incendios forestais.
• Entender o concepto de desenvolvemento sostible e recursos renovables.

Tema 9:
• Identificar cronoloxicamente as grandes etapas da Prehistoria.
• Utilizar as unidades do tempo histórico, particularmente as nocións de milenio e de século, e “antes” e “despois de Cristo”.
• Explicar os principais elementos do proceso de hominización.
• Describir o modo de vida das sociedades cazadoras-colleiteiras.
• Identificar algunhas formas características das ferramentas prehistóricas.
• Coñecer a orixe das primeiras crenzas relixiosas da Prehistoria e as características da arte rupestre e da arte mobiliar do Paleolítico.
• Explicar as diferencias entre economía depredadora e economía productora.
• Coñecer as funcións dos megálitos.
• Describir a evolución na fabricación de obxectos de metal.
• Explicar as causas que conduciron á estratificación social na Prehistoria.

Tema 10:
• Coñecer a organización social e económica das cidades Estado mesopotámicas.
• Explicar as principais características dos imperios babilónico e asirio.
• Identificar os principais elementos da escultura e a arquitectura mesopotámicas.
• Explicar cómo e cándo se produciu a aparición da escritura. Principais diferencias entre a escritura cuneiforme e a escritura xeroglífica.
• Explicar a influencia do medio xeográfico, e en especial do Nilo, no desenvolvemento da civilización exipcia.
• Comprender o poder do faraón na sociedade exipcia.
• Describir as actividades económicas e a vida cotiá do antigo Exipto.
• Entender a relixión e o culto ós mortos e á vida de ultratumba dos exipcios.
• Analizar as características dos templos e as tumbas exipcias.

Tema 11:
• Localizar xeográfica e cronoloxicamente a civilización grega.
• Describir a organización política e económica das primeiras polis.
• Explicar as causas das colonizacións e da expansión do mundo grego.
• Recoñecer diversos aspectos da sociedade, a economía e a organización política do mundo grego, a través do exemplo da cidade de Atenas.
• Explicar as causas que desencadearon a formación da Liga de Delos e enumera-los principais conflictos bélicos en que participou a cidade de Atenas.
• Describir a composición dos grupos sociais que constituían a sociedade ateniense.
• Analizar as causas que permitiron a aparición da democracia .As principais institucións democráticas.
• Coñecer as consecuencias da derrota de Atenas ante o rei Filipo de Macedonia.
• Recoñecer as características do Imperio de Alexandre e dos reinos helenísticos.

Tema 12:
• Coñecer a relixión e a mitoloxía grega.
• Identificar ós filósofos e científicos máis relevantes da Grecia clásica, e as súas principais contribucións.
• Recoñeceros principais elementos arquitectónicos do templo grego.
• Explicar as diferencias entre as ordes arquitectónicas dórica, xónica e corintia.
• Establecer a función e as características da Acrópole de Atenas.
• Coñecer diversos aspectos da sociedade e da vida cotiá dos gregos, a través do exemplo da cidade de Atenas.
• Coñéese as características xerais da escultura grega e as características das épocas antiga, clásica e helenística.
• Deducir as características da arte grega a partir da observación e a análise de diferentes obras de arte.

Tema 13:
• Localizar as diferentes etapas da historia de Roma .
• Describir o marco xeográfico en que tivo lugar a fundación da cidade de Roma.
• Coñecer a Monarquía romana, e explicar os cambios que supuxo a aparición da República.
• Roma republicana, as súas institucións máis importantes .
• Recoñecer a importancia da conquista do Mediterráneo por parte de Roma e analizar a organización dos territorios conquistados.
• Explica o sistema de goberno da época do Imperio e os feitos máis importantes deste período.
• Analizar as causas que conduciron á crise e caída do Imperio romano, e identificar os pobos bárbaros que fundaron os reinos independentes.
• Resolver cuestións utilizando a información contida en eixes cronolóxicos, fotografías, mapas, debuxos…


Tema 14:
• Identifica os edificios públicos máis importantes das cidades romanas.
• Coñecer os diferentes tipos de vivendas das cidades romanas e os aspectos da vida cotiá: a xornada de traballo, a alimentación, etc..
• Explicar a estructura e a organización das vilas romanas.
• Explicar as características e a función dos edificios públicos máis importantes do urbanismo romano.
• Valorar a importancia do comercio na época romana, as rutas comerciais e os sistemas de comunicación utilizados.
• Recoñecer os elementos característicos da relixiosidade romana e do culto imperial.
• Identificar ós principais deuses romanos .
• Coñecer os trazos máis relevantes do proceso de expansión do cristianismo a través do Imperio.
• Analizar diferentes mostras de arte romana: esculturas, mosaicos, etc .

Tema 15:
• Identificar os pobos que habitaban a Península antes da chegada dos romanos e coñecer a súa distribución no territorio.
• Analizar as aldeas e as vivendas dos pobos celtas
• Coñecer os principais acontecementos das guerras entre Roma e Cartago
• Describir as diferentes fases da conquista romana de Hispania.
• Explicar os cambios e as transformacións que experimentaron as cidades e a economía de Hispania como provincia do Imperio romano.
• Coñecer a importancia da herdanza romana na nosa cultura.Coñece-las obras públicas e mailas manifestacións artísticas da época romana que se conservan no noso territorio.

Tema 16:

• Coñecer os principais achados arqueolóxicos paleolíticos e neolíticos galegos.
• Describir as características máis relevantes da cultura megalítica galega.
• Analizar os motivos decorativos dos petroglifos e a súa distribución no territorio.
• Coñecer a distribución xeográfica e a organización social e económica dos pobos perromanos en Galicia.
• Describir a estructura dos castros galegos e a planta das súa vivendas.
• Explicar as crenzas relixiosas e as manifestacións artísticas dos pobos galaicos.
• Identificar as principais obras públicas, a rede de calzadas e os restos arqueolóxicos máis importantes de época romana na nosa comunidade.
• Recoñecer a importancia dos suevos na historia de Galicia
• Localizar no tempo e no espacio o dominio visigodo na Península Ibérica.
• Coñecer a evolución económica, política e cultural do reino visigodo.