CUESTIONARIO TEMAS 9 -10

TEMA 9: EXIPTO - Localizar Exipto.Que fixo posible a existencia desta cultura? Por que era importante o Nilo para a agricultura? Que etapas había no calendario agrícola e con que fases do río coincidían? - Cando comeza a civilización exipcia? En que dous reinos se dividía antigamente? Que rei unificou definitivamente estes reinos?Cando ocorreu? - Que etapas se sucederon na historia exipcia?Cales foron as capitais e que acontecementos salientables ocorreron en cada? - Describe como era a composición da pirámide social exipcia e que función cumplia cada grupo social. Que nome recibía o rei.que poderes tiña?Que símbolos o identificaban? Por que dicimos que era unha teocracia? - Cales eran os principias cultivos?Que era o shaduf?Como eran os úteis agrícolas? - Como era a alimentación habitual?Que outras actividades facían os campesiños cando non había labores agrícolas? Cales eran as actividades propias das mulleres?Cal era o papel da muller na sociedade exípcia? - Como eran os deuses? Cita os deuses principais( Amón-Ra, Isis-Osiris-Horus, Anubis, Hathor)descríbeos e di cal era a súa función. - Describe que sucedía no Xuízo de Osiris. Quera o Libro dos Mortos?Onde se colocaba - Que é a momificación?. Describe como se realizaba. Que son os vasos canopes e para que servían? - Que coñecemos por arquitectura funeraria? Nomea e describe as principais construccións funerarias exípcias por orde cronolóxica. Cales son as pirámides máis coñecidas? Onde se atopan? E os hipoxeos? - Que partes tiña un templo? Que eran os templos? Podía entrar calquera exício ata o santuario a rezar aos deuses? Que se colocaba diante dos templos? Cales son os templos máis coñecidos?Por que dicimos que as construccións exípcias son arquitrabadas? - Como se chama a escritura exícia? Por que ?Ademais da xeroglífica tiñan aoutro tipo de escritura simplificada para anotacións correntes?En que escribían? De que material se facía? - De que se compón a escultura? Cales son as características máis salientables dos relevos e a pintura? Que é a lei da frontalidade? TEMA 10 - Localizar nun mapa o territorio da antiga Grecia e das colonias? Situa as cidades máis importantes: Atenas e Esparta. Cando comezou a desenvolverse a civilización grega e ata cando durou?Formaron os gregos un único estado? Que quere dicir que os gregos se sentían helenos? Que é a Hélade?Que son as polis? - En que etapas se divide a historia grega? Sobre que séculos se desenvolve cada etapa e que acontecementos principais ocorren en cada? - Que motivos obrigaron aos gregos a colonizar outras terras? Que é unha colonia? Que lugares buscaban os gregos para establecer unha colonia? Que significa metrópole?que consecuencias trouxo o establecemento das colonias? Como se chamaban as colonias establecias en Italia? De que metrópole dependían? Como se chamaban as colonias de Anatolia? De que metrópoli dependían? - Que son as Guerras médicas? Cantas campañas houbo? En que século se produciron, e canto duraron?Cal foi o motivo polo que comezaron? Cita tres batallas importantes. - Que era a Liga de Delos? Que estratega ateniente liderou a Liga e gobernou no período máis importante da historia de Atenas? Que gran proxecto de construccións se levou a cabo no seu mandato? - Que son as guerras do Peloponeso? Que as iniciou? Quen saíu vencedora? -Quen e cando comeza a época helenística?De onde era rei? - Que era Alexandre Margno? Por que é coñecido? Ata onde chegaron as súas conquistas? Que ocorreu, á súa morte , cos cterritorios conquistados? Cal era o obxectivo desta campaña de conquistas? - Que dous sistemas de goberno destacan na Grecia antiga?Que son os aristócratas? Que é unha oligarquía? Que poli é exemplo desta forma de goberno? Que é a democracía? Que poli é exemplo? - A democracia era para todos? Que grupos sociais quedaban fóra das votacións?Cales eran as institucións do goberno de Atenas?( Consello dos 500- Ecclesia- Maxistrados- Tribunais do pobo. Que era o ostracismo?Que é un tirano? - Cal é a base da economía grega? Cales eran os principais cultivos? De quen era a propiedade das terras? Que outras actividades económicas salientan? - Que eran os cidadáns? Quen eran os metecos? Tiña a muller dereitos políticos? Había moitos esclavos? A que se dedicaban as mulleres? - Cita os espazos públicos máis importantes dunha poli e o que se facía neles: (ágora: praza pública cos edificios administrativos máis importantes e onde se facía o mercaado. Acrópole ou cidade alta, último lugar de refuxio en caso de guerra, e lugar onde estaban os templos máis importantes. Teatro: edificio para representacións teatrais, Odeón: para poesía e música, ximnasios, templos, murallas...) Como eran as casas dos gregos? - Que quere dicir que os deuses do gregos eran antropomorfos? Que é unha relixión politeista? Que son os heroes? E os mitos?Cita dous santuaris importantes comúns a todos os gregos, . Queeran os Xogos Olímpicos? Que eran os oráculos? - Cita pensadores e científicos importantes da grecia clásica - Que tres ordes ou estilos son característicos da arquitectura grega? Como é cada un? Que partes ten un templo? Coñecer e saber identificar nunca imaxe os seguintes termos: pronaos, estilóbato, capital, fuste, casa, arquítrabe, cornixa, frontón, entaboamento, naos,pórtico, opistodomos, cuberta, acrótera, peristilo, friso tríglifo, metopa. - Onde está o conxunto de templos máis importante da Grecia clásica? Sobre un debuxo debes saber identificar as construccións máis importantes: Propileos, templo de Atenea Niké, Templo de Artemisa, Estatura de Atenea, Partenón, Erecteión, Altar de Zeus, - En que tres etapas se clasifica a escultura grega? Cita as características que as distinguen. Debes recoñecer a imaxe dunha Koré, dun Kuros, O discóbolo de Mirón, o Doríforo de Policleto, o grupò de Laoocoonte e os seus fillos, ou os relevos do Partenón, de Fidias, e situalas na súa época. - En que outra aste decorativa salientaron os gregos?como as decoraban?