VIAXE AO INTERIOR DA TERRA

Como sería poder viaxar ao centro da Terra? Se tes curiosidade preme.


MAPAS INTERACTIVOS

Nesta ligazón podes xogar cantas veces queiras a repasar os nomes dos principais accidentes xeográficos de calquer lugar do mundo. Se elixes a version en galego as opcións que ofrece son moi limitadas; para poder acceder a todos os mapas debes premer na bandeira de España. Hai algún nome que non está actualizado, como o río Yang-Tse-Kiang, que é o Chiang Yang. Canto máis practiques máis aprenderás. Para entrar preme na imaxe.




Nesta páxina tes unha colección de mapas mudos semellantes aos que empregamos nos exames. Podes imprimilos para realizar prácticas.


VOLCÁNS

Vídeo en castelán que explica os tipos de volcáns e as súas características

LIÑAS IMAXINARIAS

Para facer un repaso (en castelán) das principais liñas imaxinarias


REPRESENTAR A TERRA: AS PROXECCIÓNS

Video con textos en portugués que amosa como se fan as principais proxeccións para representar a superficie da Terra nun plano.

AS ESTACIÓNS DO ANO

Video que explica por que existen estacións no planeta Terra


O

Se tes moita curiosidade polos temas do espacio ou queres coñecer datos moi precisos sobre os planetas e os seus satélites, preme esta ligazón que che levara a unha páxina sobre o Sistema solar moi completa. Ten moitas posibilidades, entre outras a de visitar ligazóns (moitas en inglés ) de organismos científicos relacionados coa investigación espacial.



Vídeo sobre o Sistema Solar

A TERRA (repaso xeral)

Video en castelán que presenta unha interesante panorámica do planeta, e que serve como repaso para moitos conceptos explicados nos primeiros temas: formación da Terra, composición do interior, placas tectónicas, volcáns, estacións, correntes mariñas, ventos...


Interesante web onde atoparás consellos para aprender a organizarte nos estudos. Bótalle unha ollada. Seguro que che servirá para levar mellor o curso.


PROCEDEMENTO DA AVALIACIÓN

1.- Probas escritas: Realización de probas escritas de avaliación cada 2-3 temas (dúas por avaliación) que atendan aos aspectos fundamentais traballados co grupo clase. O 80 % da cualificación referirase ás probas realizadas na avaliación, agás no caso que algunha das cualificacións non acadara un mínimo de tres puntos ( neste caso habería de repetir a proba, ou sería cualificado negativamente no conxunto da nota de avaliación).
Algún dos temas poderá ser avaliado, total ou parcialmente, a través da realización dun traballo sobre o mesmo.
Os alumnos/as que suspendan unha proba poderán, tras comunicación e acordo co profesor, realizar unha recuperación da mesma.

2.-Valoración das actividades de clase:
- Control das actividades propostas para casa no prazo e condicións fixadas. ( ata un 5%).
- Participación oral (postas en común, debates sobre lecturas e traballos, preguntas...)
- Control periódico do caderno de traballo persoal do alumnado no que se reflecten as tarefas diarias completas e ordenadas: actividades realizadas, orde e limpeza, ortografía , aspectos plásticos e procedimentais ( ata un 10%).
- Seguimento e valoración de aspectos actitudinais, cumprimento das normas, actitude de atención e participación activa e crítica na aula…
- Valoración da realización de actividades de ampliación suxeridas.( conxuntamente coa participación oral ata un 5%).
- Nas actividades e probas relacionadas coa expresión escrita terase en conta a presentación, ortografía , corrección e precisión no uso do vocabulario.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Localizar lugares ou espazos nun mapa. Utilizar datos de coordenadas xeográficas. Obter información sobre o espazo representado a partir da lenda e da simboloxía..
2. Localizar nun mapa os elementos básicos que configuran o medio físico mundial, de España e de Galicia, caracterizando os trazos que predominan nun espazo concreto.
3. Comparar os rasgos físicos máis destacados (relevo, clima, augas e elementos bioxeográficos) que configuran os grandes medios naturais do planeta, con especial referencia a Galicia, localizándoos no espazo representado e analizando exemplos das paisaxes que resultan da actividade humana.
4. Interpretar a paisaxe do seu contorno, identificando os seus trazos característicos e relacionando elementos físicos, recursos e formas de asentamento rurais ou urbanos.
5. Identificar e explicar exemplos de riscos e de impactos que a acción humana ten sobre o medio, analizando as súas causas e efectos, e proporcionando medidas e condutas para prevelos e limitalos, facendo unha especial referencia ao ámbito galego.
6. Utilizar as convencións e unidades cronolóxicas e as nocións de evolución e cambio, aplicándoas a feitos e procesos referidos á prehistoria e historia antiga do mundo, da Península Ibérica e de Galicia.
7. Identificar e expoñer os cambios que supuxo a revolución neolítica na evolución da humanidade e valorar a súa importancia e as súas consecuencias ao comparalos cos elementos que conformaron as sociedades cazadoras e colleiteiras.
8. Diferenciar algunhas das primeiras civilizacións urbanas e a civilización grega, identificando os elementos orixinais desta última e valorando aspectos relevantes da súa contribución á civilización occidental.
9. Comprender os trazos característicos da cultura castrexa, a área xeográfica na que se desenvolveu e a súa particular forma de ocupación do territorio.
10. Caracterizar os trazos da organización política, económica e social da civilización romana na súa época de expansión, valorando a transcendencia da romanización na Hispania e na Gallaecia e a pervivencia do seu legado.
11. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito.

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro de texto: “Fisterra 1” 1º ESO Edelvives.
- Fotocopias de textos ou fichas de traballo
- Fotocopias de materiais complementarios
- CDs de materiais complementarios audiovisuais relacionados coas materias dos temas
- Medios relacionados coas TICS:
- uso do ordenador e proxector na aula , para poder acompañar as imaxes con presentacións, gráficos, mapas, videos…
- Aula de informática, se o horario o permite, para realizar actividades puntuais.
- Apertura dun blog con contidos especialmente de apoio, adaptados para atención á diversidade e reforzo: ampliación, ejercicios de autocorrección, actividades adaptadas…
- Saídas educativas programadas.
No presente curso prográmanse as seguintes saidas:
+ Planetario de A Coruña ( 1º trimestre)
+ Visita ao Castro de Viladonga ( 3º trimestre )

MÍNIMOS ESIXIBLES

Mínimos exisibles que se deben acadar para a aprobación das c. sociais de 1º de ESO

Tema 1:
• Coñecer a forma, as dimensións e a composición da Terra.
• Identificar as liñas imaxinarias da Terra, así como a súa posición e lonxitude.
• Localizar o noso planeta no Universo.
• Analizar as principais características da Vía Láctea.
• Coñecer os elementos que o forman o Sistema Solar
• Identificar os planetas interiores e exteriores do Sistema Solar.
• Coñecer o movemento de rotación da Terra e os seus efectos: sucesión dos días e as noites; división da terra en vintecatro fusos horarios, cambio horario, etc.
• Coñecer o movemento de translación da Terra e as características da súa órbita.
• Identificar as consecuencias da inclinación do eixe da Terra.
• Explicar a posición da Terra respecto ó Sol nas diferentes estacións do ano.
• Coñecer cándo e por qué se producen os solsticios e os equinoccios.

Tema 2:
• Coñecer os diferentes sistemas de representación da superficie terrestre
• Describir as novas técnicas que nos permiten obter unha imaxe máis precisa dos elementos da superficie da Terra: fotografías por satélite, fotografías aéreas, etc.
• Identificar e localizar nun globo terráqueo as liñas imaxinarias da Terra.
• Explicar que é a latitude e a lonxitude.
• Coñecer os diferentes sistemas de proxección cartográfica.
• Interpretar un mapa tendo en conta a escala gráfica, os símbolos convencionais utilizados, as tramas e a lenda.
• Recoñecer o tipo de mapas existentes: físicos, políticos, temáticos...
• Realizar cálculos de escala gráfica.

Tema 3:
• Identificar as características das capas que forman a estructura interna da Terra.
• Coñecer a teoría da deriva continental
• Enumerar os axentes internos e externos responsables da formación do relevo.
• Describir a estructura interna dun volcán.
• Identificar as diferentes formas de relevo continental e oceánico. .
• Identificar e localizar no mapa as grandes cordilleiras, as chairas, as illas, as penínsulas e os golfos máis importantes do mundo.
• Describir os grandes conxuntos de relevo que forman o continente europeo e localizar no mapa de Europa os mares, océanos e accidentes xeográficos máis destacados.
• Coñecer e localizar no mapa os elementos do relevo e a paisaxe de España.
.
Tema 4:
• Saber como se distribúe a auga no noso planeta.
• Coñecer o réxime dos ríos, as características do seu curso e as funcións que realizan.
• Identificar e localizar no mapa os principais mares, ríos, océanos e lagos da Terra.
• Enumerar os principias recursos que ofrecen os mares e mailos océanos.
• Reflexionar sobre os problemas de medio ambiente derivados das novas técnicas de pesca, da construcción de portos, etc.
• Identificar e localizar no mapa os principais ríos e mares de Europa e de España.
• Clasificar os ríos segundo as características climáticas da súa conca.
• Observar e analizar fotografías de diferentes paisaxes.

Tema 5:
• Coñecer a estructura e a composición da atmosfera, prestando especial atención ás características e a función da capa de ozono.
• Identificar os elementos que configuran os climas.
• Comprender os factores que condicionan as temperaturas no conxunto da Terra: altitude, latitude, distancia e proximidade ó mar.
• Observar e analizar un mapa de isotermas anuais.
• Explicaos factores que interveñen na formación das nubes e das precipitacións.
• Aprender a calcular e medi-las precipitacións e as temperaturas.
• Coñecer os factores que condicionan a presión atmosférica e os instrumentos necesarios para medila.
• Identificar os diferentes tipos de ventos, a dirección en que sopran e os factores que determinan a súa intensidade.

Tema 6:
• Identificar as grandes zonas climáticas da Terra e saber localizalas no mapa.
• Coñecer o clima, os ríos, a vexetación, a fauna e a poboación dos diferentes tipos de paisaxes do mundo: ecuatorial, tropical, desértico, polar, de alta montaña, oceánico, mediterráneo e continental.
• Analizar e comparar climogramas
• Localizar a distribución de cada tipo de clima.

Tema 7:
• Coñecer a diversidade de climas e de paisaxes existentes en Europa.
• Recoñecer a vexetación e a fauna dos medios naturais de Europa
• Coñecer as características dos diferentes tipos de climas de España e de Galicia e saber cómo se distribúen no territorio.
• Identificar a vexetación natural da Península Ibérica e das Illas Canarias.
• Describir as principais características dos distintos tipos de paisaxes humanizadas de España: atlántica, continental, mediterránea e canaria.
• Saber cómo se distribúe a poboación nas diferentes paisaxes do territorio español e cómo son os seus núcleos de poboación.
• Analizar as características específicas de cada tipo de paisaxe, mediante a observación de fotografías e debuxos.
• Coñecer as características dos ríos, a vexetación e as paisaxes de Galicia.

Tema 8:
• Coñecer os nosos ecosistemas e cómo se interrelacionan.
• Estudio dos ecosistemas e do medio ambiente.
• Analizar as características dun ecosistema mariño.
• Identificar os residuos e os elementos contaminantes que se producen nas cidades.
• Explicar as causas e as consecuencias da contaminación, prestando especial atención ó progresivo quentamento que padece o noso planeta.
• Enumerar os axentes responsables da contaminación.
• Coñecer os problemas do medio ambiente derivados da desertización da paisaxe.
• Analizar as causas e as consecuencias dos incendios forestais.
• Entender o concepto de desenvolvemento sostible e recursos renovables.

Tema 9:
• Identificar cronoloxicamente as grandes etapas da Prehistoria.
• Utilizar as unidades do tempo histórico, particularmente as nocións de milenio e de século, e “antes” e “despois de Cristo”.
• Explicar os principais elementos do proceso de hominización.
• Describir o modo de vida das sociedades cazadoras-colleiteiras.
• Identificar algunhas formas características das ferramentas prehistóricas.
• Coñecer a orixe das primeiras crenzas relixiosas da Prehistoria e as características da arte rupestre e da arte mobiliar do Paleolítico.
• Explicar as diferencias entre economía depredadora e economía productora.
• Coñecer as funcións dos megálitos.
• Describir a evolución na fabricación de obxectos de metal.
• Explicar as causas que conduciron á estratificación social na Prehistoria.

Tema 10:
• Coñecer a organización social e económica das cidades Estado mesopotámicas.
• Explicar as principais características dos imperios babilónico e asirio.
• Identificar os principais elementos da escultura e a arquitectura mesopotámicas.
• Explicar cómo e cándo se produciu a aparición da escritura. Principais diferencias entre a escritura cuneiforme e a escritura xeroglífica.
• Explicar a influencia do medio xeográfico, e en especial do Nilo, no desenvolvemento da civilización exipcia.
• Comprender o poder do faraón na sociedade exipcia.
• Describir as actividades económicas e a vida cotiá do antigo Exipto.
• Entender a relixión e o culto ós mortos e á vida de ultratumba dos exipcios.
• Analizar as características dos templos e as tumbas exipcias.

Tema 11:
• Localizar xeográfica e cronoloxicamente a civilización grega.
• Describir a organización política e económica das primeiras polis.
• Explicar as causas das colonizacións e da expansión do mundo grego.
• Recoñecer diversos aspectos da sociedade, a economía e a organización política do mundo grego, a través do exemplo da cidade de Atenas.
• Explicar as causas que desencadearon a formación da Liga de Delos e enumera-los principais conflictos bélicos en que participou a cidade de Atenas.
• Describir a composición dos grupos sociais que constituían a sociedade ateniense.
• Analizar as causas que permitiron a aparición da democracia .As principais institucións democráticas.
• Coñecer as consecuencias da derrota de Atenas ante o rei Filipo de Macedonia.
• Recoñecer as características do Imperio de Alexandre e dos reinos helenísticos.

Tema 12:
• Coñecer a relixión e a mitoloxía grega.
• Identificar ós filósofos e científicos máis relevantes da Grecia clásica, e as súas principais contribucións.
• Recoñeceros principais elementos arquitectónicos do templo grego.
• Explicar as diferencias entre as ordes arquitectónicas dórica, xónica e corintia.
• Establecer a función e as características da Acrópole de Atenas.
• Coñecer diversos aspectos da sociedade e da vida cotiá dos gregos, a través do exemplo da cidade de Atenas.
• Coñéese as características xerais da escultura grega e as características das épocas antiga, clásica e helenística.
• Deducir as características da arte grega a partir da observación e a análise de diferentes obras de arte.

Tema 13:
• Localizar as diferentes etapas da historia de Roma .
• Describir o marco xeográfico en que tivo lugar a fundación da cidade de Roma.
• Coñecer a Monarquía romana, e explicar os cambios que supuxo a aparición da República.
• Roma republicana, as súas institucións máis importantes .
• Recoñecer a importancia da conquista do Mediterráneo por parte de Roma e analizar a organización dos territorios conquistados.
• Explica o sistema de goberno da época do Imperio e os feitos máis importantes deste período.
• Analizar as causas que conduciron á crise e caída do Imperio romano, e identificar os pobos bárbaros que fundaron os reinos independentes.
• Resolver cuestións utilizando a información contida en eixes cronolóxicos, fotografías, mapas, debuxos…


Tema 14:
• Identifica os edificios públicos máis importantes das cidades romanas.
• Coñecer os diferentes tipos de vivendas das cidades romanas e os aspectos da vida cotiá: a xornada de traballo, a alimentación, etc..
• Explicar a estructura e a organización das vilas romanas.
• Explicar as características e a función dos edificios públicos máis importantes do urbanismo romano.
• Valorar a importancia do comercio na época romana, as rutas comerciais e os sistemas de comunicación utilizados.
• Recoñecer os elementos característicos da relixiosidade romana e do culto imperial.
• Identificar ós principais deuses romanos .
• Coñecer os trazos máis relevantes do proceso de expansión do cristianismo a través do Imperio.
• Analizar diferentes mostras de arte romana: esculturas, mosaicos, etc .

Tema 15:
• Identificar os pobos que habitaban a Península antes da chegada dos romanos e coñecer a súa distribución no territorio.
• Analizar as aldeas e as vivendas dos pobos celtas
• Coñecer os principais acontecementos das guerras entre Roma e Cartago
• Describir as diferentes fases da conquista romana de Hispania.
• Explicar os cambios e as transformacións que experimentaron as cidades e a economía de Hispania como provincia do Imperio romano.
• Coñecer a importancia da herdanza romana na nosa cultura.Coñece-las obras públicas e mailas manifestacións artísticas da época romana que se conservan no noso territorio.

Tema 16:

• Coñecer os principais achados arqueolóxicos paleolíticos e neolíticos galegos.
• Describir as características máis relevantes da cultura megalítica galega.
• Analizar os motivos decorativos dos petroglifos e a súa distribución no territorio.
• Coñecer a distribución xeográfica e a organización social e económica dos pobos perromanos en Galicia.
• Describir a estructura dos castros galegos e a planta das súa vivendas.
• Explicar as crenzas relixiosas e as manifestacións artísticas dos pobos galaicos.
• Identificar as principais obras públicas, a rede de calzadas e os restos arqueolóxicos máis importantes de época romana na nosa comunidade.
• Recoñecer a importancia dos suevos na historia de Galicia
• Localizar no tempo e no espacio o dominio visigodo na Península Ibérica.
• Coñecer a evolución económica, política e cultural do reino visigodo.