PROCEDEMENTO DA AVALIACIÓN

1.- Probas escritas: Realización de probas escritas de avaliación cada 2-3 temas (dúas por avaliación) que atendan aos aspectos fundamentais traballados co grupo clase. O 80 % da cualificación referirase ás probas realizadas na avaliación, agás no caso que algunha das cualificacións non acadara un mínimo de tres puntos ( neste caso habería de repetir a proba, ou sería cualificado negativamente no conxunto da nota de avaliación).
Algún dos temas poderá ser avaliado, total ou parcialmente, a través da realización dun traballo sobre o mesmo.
Os alumnos/as que suspendan unha proba poderán, tras comunicación e acordo co profesor, realizar unha recuperación da mesma.

2.-Valoración das actividades de clase:
- Control das actividades propostas para casa no prazo e condicións fixadas. ( ata un 5%).
- Participación oral (postas en común, debates sobre lecturas e traballos, preguntas...)
- Control periódico do caderno de traballo persoal do alumnado no que se reflecten as tarefas diarias completas e ordenadas: actividades realizadas, orde e limpeza, ortografía , aspectos plásticos e procedimentais ( ata un 10%).
- Seguimento e valoración de aspectos actitudinais, cumprimento das normas, actitude de atención e participación activa e crítica na aula…
- Valoración da realización de actividades de ampliación suxeridas.( conxuntamente coa participación oral ata un 5%).
- Nas actividades e probas relacionadas coa expresión escrita terase en conta a presentación, ortografía , corrección e precisión no uso do vocabulario.