1. Localizar lugares ou espazos nun mapa. Utilizar datos de coordenadas xeográficas. Obter información sobre o espazo representado a partir da lenda e da simboloxía..
2. Localizar nun mapa os elementos básicos que configuran o medio físico mundial, de España e de Galicia, caracterizando os trazos que predominan nun espazo concreto.
3. Comparar os rasgos físicos máis destacados (relevo, clima, augas e elementos bioxeográficos) que configuran os grandes medios naturais do planeta, con especial referencia a Galicia, localizándoos no espazo representado e analizando exemplos das paisaxes que resultan da actividade humana.
4. Interpretar a paisaxe do seu contorno, identificando os seus trazos característicos e relacionando elementos físicos, recursos e formas de asentamento rurais ou urbanos.
5. Identificar e explicar exemplos de riscos e de impactos que a acción humana ten sobre o medio, analizando as súas causas e efectos, e proporcionando medidas e condutas para prevelos e limitalos, facendo unha especial referencia ao ámbito galego.
6. Utilizar as convencións e unidades cronolóxicas e as nocións de evolución e cambio, aplicándoas a feitos e procesos referidos á prehistoria e historia antiga do mundo, da Península Ibérica e de Galicia.
7. Identificar e expoñer os cambios que supuxo a revolución neolítica na evolución da humanidade e valorar a súa importancia e as súas consecuencias ao comparalos cos elementos que conformaron as sociedades cazadoras e colleiteiras.
8. Diferenciar algunhas das primeiras civilizacións urbanas e a civilización grega, identificando os elementos orixinais desta última e valorando aspectos relevantes da súa contribución á civilización occidental.
9. Comprender os trazos característicos da cultura castrexa, a área xeográfica na que se desenvolveu e a súa particular forma de ocupación do territorio.
10. Caracterizar os trazos da organización política, económica e social da civilización romana na súa época de expansión, valorando a transcendencia da romanización na Hispania e na Gallaecia e a pervivencia do seu legado.
11. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito.