Temas 3-4 ORIENTACIÓNS XERAIS SOBRE A MATERIA QUE ENTRA NO 2º EXAME DA 1º AVALIACIÓN

Para aclarar o sentido da resposta dalgunhas preguntas, se apunta a contestación . Lembra que o cuestionario é só unha orientación e debes estudar polo libro e as notas de clase. TEMA 3 – Que é a Hidrosfera? Que porcentaxe aproximado da superficie terrestre ocupa? – Que tipos de augas a constitúen? Augas mariñas=97´5% Que son oceanos? Ciata os cinco océanos principias. Que son mares? Augas continentais= 2,5%. En que forma podemos atopar as augas dentro dos continentes? Explica e representa cun debuxo o ciclo da auga. – Que características teñen as augas salgadas? Salinidade e temperatura De que dependen? Define os seguintes termos: auga doce, auga salgada, auga potable – Que movementos teñen os mares e os océanos: ondas, mareas e correntes.Define estas tres palabras.Que causa provoca cada un destes movementos? Interpretar dun mapa de correntes mariñas(páx. 61) explicando onde están as principais correntes cálidas e frías, e que corrente é moi importante para nós e por que. – Define que son os ríos, glaciares , lagos e acuíferos e os traballos de erosión sobre a superficie da terra que realizan. Explica os seguintes conceptos: Conca dun río, caudal, afluente, vertente, meandro, delta, estiaxe, fervenza circo glaciar, morrena, acuífero, preamar, baixamar.Que diferenza existe entre lago e lagoa? Que tipos de ríos hai pola súa orixe?: nival, pluvial e mixto. Que partes ten un río e que acción predomina en cada parte? Curso alto- erosión, curso medio-transporte, curso baixo- sedimentación. – Cal é problema da auga.na Terra? Só o 2´5 é doce, desta o 1,8 está nos xeos dos polos, só o 0,7% está dispoñible para o consumo, e atópase moi desigualmente reapartida Como se recicla e purifica a auga na natureza?Que consecuencias está previsto que cause o cambio climático? Que é a sobreexplotación dos acuíferos? Cita algúns puntos do planeta que teñan problemas de escaseza de augas. – Explica nun cadro algúns dos usos máis importantes das augas doces e salgadas TEMA 4 – Que é a atmosfera e ata que altura se extende?. Explicar nunha imaxe as capas, altitudes e composición da atmosfera. Explicar a importancia da capa de ozono.Que gases compoñen a atmosfera, e en que proporción? Nitróxeno 78%, asíxeno 21% Outros 1% (vapor auga, dióxido de carbono, ozono... Tamén hai en suspensión po, polen e axentes contaminantes producidos pola queima de combustibles fósiles). Por que temos asíxeno en todas partes da superficie terrestre? Se subimos a 8000 mts. Temos o mesmo osíxeno? Que é a troposfera e ata que altura chega? – Que é o tempo e o clima?. Elementos ( temperatura, precipitacións, presión atmosférica e vento) e factores ( altitude, latitude e distancia ao mar) o condicionan?.Que ciencia estuda o tempo? Que ciencia estuda o clima? – Que é temperatura atmosférica? Con que se mide e en que unidade de medida? termómetro. As temperaturas se miden en gros centígrados Cº ou Farenheit Fº Como se chaman as liñas que unen puntos da Terra que teñen a mesma temperatura? Isotermas . Que determina a temperatura dunha zona? A incidencia dos raios solares sobre ela . En cantas zonas climáticas se divide a Terra? Tres: cálida, temperada e fría. Marcar nun debuxo as zonas climáticas ( páx 79). Se aumentamos a nosa altitude cada cantos metros baixa un grao a temperatura?. Podemos vivir indefinidamente por riba dos 8000 mts? A que altura as montañas teñen neves perpétuas? – De onde vén a humidade do aire?. Que son as nubes ? Que son as precipitacións? En que formas poden caer? Líquida- chuvia ou sólida- sarabia e neve. Cal é o instrumento de medida das precicpitacións, e en que unidade se miden?Como se chaman as liñas que unen puntos da Terra coas mesmas precitación? Isoietas Que factores inflúen nas precipitacións? – A presión atmosférica: anticiclóns e borrascas. Que son? como se forman? Que é o vento, orixe. Explica os tipos de ventos hai?: constantes, estacionais, diarios. – Que tipos de climas hai en cada zona climática da Terra: Cálidos ( por riba dos 18º de media anual: tropical ( non hai estacións, e todos os días teñen a mesma temperatura e Chone) e ecuatorial( dúas estacións, a seca e a húmida). Temperaddos: Oceánico ou Atlántico ( catro estacións equilibradas, temperado). Mediterráneo ( catro estacións, con primavera e outono curtos, inverno de tres meses e verán longo. É temperado-cálido) e Continental ( catro estacións desequilibradas, verán curto e inverno longo. É temperado-frío). Fríos: Polar( temperaturas practicamente todo o ano baixo cero) e de Montaña (fríos que varían segundo a altitude. Ademáis están os climas desérticos ( fríos ou cálidos), distribuídos por todas as zonas climáticas, pois dependen doutros factores (ventos, cadeas montañosas) . Saber comparar as características dos diferentes tipos de climas. - Que deferencia hai entre tifóns, cliclóns e furacáns? Onde se orixinan e que son os tornados?Cita algunha catástrofe ocasionada polo clima: vagas de frío ou calor, enchentes e inundacións, secas. Qué é o cambio climático? - Que é a biosfera e entre que distancias está comprendida?A que chamamos solo e de que se compón?Que é a vexetación? Cales son as formacións vexetais máis importantes?Que é a fauna e por que está integrada?


TEMA 12: A Península Ibérica e Galicia na antigüidade

-Cita tres pobos que tiveron colonias na Península Ibérica antes da chegada dos romanos.En que zona da península se asentaron? Con que produtos comerciaban?
-Que dúas culturas convivron na península e como se repartían o territorio?
-De onde viñan os pobos celtas? En que éppoca chegaron a Galicia?Que diferencia tiñan os seus poboados con repesto aos dos íberos?
-Que é un castro?Onde se edificaban. Como eran as casas dos castros. Había algún tipo de organización ou urbanización?Cita algún castro coñecido
-En que artesanía salientaban os celtas galáicos?Cita pezas desta artesanía que fabricaban
-Como era a relixión dos celtas? Onde facían os rituais? Como se chamaban os sacerdotes? E o bosque sagrado?
-Como era a economía e alimentos?
-En que dúas provincias estaba dividida a Hispania romana na época da República? E na do Imperio?
-Como chamaban os romanos ao NO de Hispania? Ata onde chegaba?
-Con que emperador quedou incorporado o NO a Roma?En que ano?
-En que conventus quedou dividida Gallaecia?
-Cal foi o motivo principal do interese de Roma polo NO? Como se chama a mina máis importante? Con que método a explotaban?
-Que pobos bárbaros invadiron Hispania. Onde se asentaron os suevos? Que pobo acabou dominando toda a península?En que ano?Onde estableceron a súa capital os visigodos?Que tres cambios tiveron que facer para adaptarse aos hipanoromanos? Que rei se converteu ao cristianismo?Quen implantou unhas leis comúns, e como se chaman?
-En que se baseaba a súa economía?
-Como era a súa cultura?


Cuestionario: ROMA

1.- Como se chamaban as casas dos ricos e as dos pobres?
2.-Como era a vida diaria dun patricio e dun pebleo?
3.- Que era unha vila? E un lataifundio? Quen traballaba nos latifundios?
4.- Que productos comerciais se levaban a Roma dende Hispania, Exipto, Grecia e a Galia?
5.- Os antigos romanos adoraban aos deuses da casa ( lares  e Penates) e devanceiros (manes) Que outros cultos foron sucedéndose?
6.- Mira a extensión máxima do imperio romano, e escribe o nome das provincias máis importantes.
7.- Como se chamaban as dúas rúas principais dunha cidade?, e a praza?
8.- Mira no mapa da Península Itálica onde estaba Roma, e que pobos había ao norte e ao sur
9.- Que tres formas de goberno coñeceu roma?
10.- Quen foron os fundadores de Roma?
11.- Que eran os maxistrados , os comicios, o Senado e o Tribuno da Plebe?
12.- Como se chamaron as guerras entre Roma e Cartado? Cal foi o motivo?
13.- Cal foi o primeiro emperador, e como se chamou ao perío de de prosperidade e tranquilidade que comezou con el?
14.- Que emperador dividiu o Imperio para defendelo mellor? Entre quen o dividiu? Como se chamaron as capitais?
15.- En que século comenza a decadencia e caida de Roma? Cales foron as causas?
16.- Que pobos invadiron o Imperio? Cales foron os reinos máis importantes que crearon?
17.- Como se chamou o último emperador ¿ Quen o destituíu?
18.- Cales foron as construccións públicas máis salientables de Roma: Anfiteatro Flavio , Circo Máximo. Panteón, Teatro de Marcelo...? Para que servían?
19.- Con que decoraban os romanos o interior dos edificios?
20.- Como se chaman as pezas coas que se fan os mosaicos.
21.- Como era a escultura romana?
22.- Que herdanza deixaron os romanos por todo o imperio?
23.- Como se facían as calzadas romanas? Para que servían?
24.- Por que motivos os romanos non aceptaban o cristianismo?
25.- Como se chamaba o exercito romano? cita as armas. Como era servizio no exercito ? Canto tempo? Que era o limes?
26.- Que pobos bárbaros invadiron Hispania. Quen se quedou en Galicia? Quen dominou definitivamente toda a península? Onde fixo a súa capital?
27:_ Identifica os seguintes monumentos deixados en Hispania por Roma:
-         Acueducto de Segovia
-         Acueducto de Tarragona
-         Acueducto de Merida
-         Anfiteatro de Itálica
-         Anfiteatro de Mérida
-         Teatro de Mérida
-         Murallas de Lugo
-         Ponte de Bibei
-         Torre de Hércules

CUESTIONARIO TEMAS 9 -10

TEMA 9: EXIPTO - Localizar Exipto.Que fixo posible a existencia desta cultura? Por que era importante o Nilo para a agricultura? Que etapas había no calendario agrícola e con que fases do río coincidían? - Cando comeza a civilización exipcia? En que dous reinos se dividía antigamente? Que rei unificou definitivamente estes reinos?Cando ocorreu? - Que etapas se sucederon na historia exipcia?Cales foron as capitais e que acontecementos salientables ocorreron en cada? - Describe como era a composición da pirámide social exipcia e que función cumplia cada grupo social. Que nome recibía o rei.que poderes tiña?Que símbolos o identificaban? Por que dicimos que era unha teocracia? - Cales eran os principias cultivos?Que era o shaduf?Como eran os úteis agrícolas? - Como era a alimentación habitual?Que outras actividades facían os campesiños cando non había labores agrícolas? Cales eran as actividades propias das mulleres?Cal era o papel da muller na sociedade exípcia? - Como eran os deuses? Cita os deuses principais( Amón-Ra, Isis-Osiris-Horus, Anubis, Hathor)descríbeos e di cal era a súa función. - Describe que sucedía no Xuízo de Osiris. Quera o Libro dos Mortos?Onde se colocaba - Que é a momificación?. Describe como se realizaba. Que son os vasos canopes e para que servían? - Que coñecemos por arquitectura funeraria? Nomea e describe as principais construccións funerarias exípcias por orde cronolóxica. Cales son as pirámides máis coñecidas? Onde se atopan? E os hipoxeos? - Que partes tiña un templo? Que eran os templos? Podía entrar calquera exício ata o santuario a rezar aos deuses? Que se colocaba diante dos templos? Cales son os templos máis coñecidos?Por que dicimos que as construccións exípcias son arquitrabadas? - Como se chama a escritura exícia? Por que ?Ademais da xeroglífica tiñan aoutro tipo de escritura simplificada para anotacións correntes?En que escribían? De que material se facía? - De que se compón a escultura? Cales son as características máis salientables dos relevos e a pintura? Que é a lei da frontalidade? TEMA 10 - Localizar nun mapa o territorio da antiga Grecia e das colonias? Situa as cidades máis importantes: Atenas e Esparta. Cando comezou a desenvolverse a civilización grega e ata cando durou?Formaron os gregos un único estado? Que quere dicir que os gregos se sentían helenos? Que é a Hélade?Que son as polis? - En que etapas se divide a historia grega? Sobre que séculos se desenvolve cada etapa e que acontecementos principais ocorren en cada? - Que motivos obrigaron aos gregos a colonizar outras terras? Que é unha colonia? Que lugares buscaban os gregos para establecer unha colonia? Que significa metrópole?que consecuencias trouxo o establecemento das colonias? Como se chamaban as colonias establecias en Italia? De que metrópole dependían? Como se chamaban as colonias de Anatolia? De que metrópoli dependían? - Que son as Guerras médicas? Cantas campañas houbo? En que século se produciron, e canto duraron?Cal foi o motivo polo que comezaron? Cita tres batallas importantes. - Que era a Liga de Delos? Que estratega ateniente liderou a Liga e gobernou no período máis importante da historia de Atenas? Que gran proxecto de construccións se levou a cabo no seu mandato? - Que son as guerras do Peloponeso? Que as iniciou? Quen saíu vencedora? -Quen e cando comeza a época helenística?De onde era rei? - Que era Alexandre Margno? Por que é coñecido? Ata onde chegaron as súas conquistas? Que ocorreu, á súa morte , cos cterritorios conquistados? Cal era o obxectivo desta campaña de conquistas? - Que dous sistemas de goberno destacan na Grecia antiga?Que son os aristócratas? Que é unha oligarquía? Que poli é exemplo desta forma de goberno? Que é a democracía? Que poli é exemplo? - A democracia era para todos? Que grupos sociais quedaban fóra das votacións?Cales eran as institucións do goberno de Atenas?( Consello dos 500- Ecclesia- Maxistrados- Tribunais do pobo. Que era o ostracismo?Que é un tirano? - Cal é a base da economía grega? Cales eran os principais cultivos? De quen era a propiedade das terras? Que outras actividades económicas salientan? - Que eran os cidadáns? Quen eran os metecos? Tiña a muller dereitos políticos? Había moitos esclavos? A que se dedicaban as mulleres? - Cita os espazos públicos máis importantes dunha poli e o que se facía neles: (ágora: praza pública cos edificios administrativos máis importantes e onde se facía o mercaado. Acrópole ou cidade alta, último lugar de refuxio en caso de guerra, e lugar onde estaban os templos máis importantes. Teatro: edificio para representacións teatrais, Odeón: para poesía e música, ximnasios, templos, murallas...) Como eran as casas dos gregos? - Que quere dicir que os deuses do gregos eran antropomorfos? Que é unha relixión politeista? Que son os heroes? E os mitos?Cita dous santuaris importantes comúns a todos os gregos, . Queeran os Xogos Olímpicos? Que eran os oráculos? - Cita pensadores e científicos importantes da grecia clásica - Que tres ordes ou estilos son característicos da arquitectura grega? Como é cada un? Que partes ten un templo? Coñecer e saber identificar nunca imaxe os seguintes termos: pronaos, estilóbato, capital, fuste, casa, arquítrabe, cornixa, frontón, entaboamento, naos,pórtico, opistodomos, cuberta, acrótera, peristilo, friso tríglifo, metopa. - Onde está o conxunto de templos máis importante da Grecia clásica? Sobre un debuxo debes saber identificar as construccións máis importantes: Propileos, templo de Atenea Niké, Templo de Artemisa, Estatura de Atenea, Partenón, Erecteión, Altar de Zeus, - En que tres etapas se clasifica a escultura grega? Cita as características que as distinguen. Debes recoñecer a imaxe dunha Koré, dun Kuros, O discóbolo de Mirón, o Doríforo de Policleto, o grupò de Laoocoonte e os seus fillos, ou os relevos do Partenón, de Fidias, e situalas na súa época. - En que outra aste decorativa salientaron os gregos?como as decoraban?

T 7-8: A Prehistoria- Mesopotamia

TEMA 7

– ( p142) Que é a historia?En que dúas grandes etapas se divide a historia e que feito marca a fronteira?
– (p158) Que é a cronoloxía ? Indicar como se chama un período de: dous anos, de cinco anos, de dez anos, de cen anos, de mil anos e coñecer a que século pertece un ano calquera, e como se escribe en números romanos. Sinala os períodos de tempo en que se divide a historia, as datas que abrangue cada período, e o acontecemento que serve para marcar o final
– En que etapas se divide a Prehistoria, que significan os nomes e que período aproximado de tempo comprende cada etapa? Cales son as foantes para o coñecemento dos feitos da prehistoria e a través de que actividade conseguimos os restos?
– (p144) Definir que son simios, primates, homínidos, homo
– Cando vivíu, onde se atopou e como se lle chamou ao primeiro homínido atopado? Onde se pode dicir que naceu a humanidade?
– Que diferenzas ou factores de hominización hai entre homínidos e simios
– Coñecer a cronoloxía, lugar onde viviron, e características máis salientables das cinco especies máis impòrtantes no camiño que chega ao humano actual
– (p146) Por que aos humanos do Paleolítico se lles chama cazadores-colleiteiros? Que quere dicir que tiñan unha economía depredadora?
– Define os seguintes termos:núcleo, lasca, nómade, biface
– Saber describir os trazos máis salientables da vida no paleolítico: alimentación,instrumentos, crenzas relixiosas...
– A que chamamos arte mobiliar? De que está composto? Que son as Venus paleolíticas?
– Que son as pinturas rupestres? Cantas escolas ou estilos hai na Península? En que zonas xeográficas se fixeron, e cales son as principais características de cada escola?Que é a máxia simpática?
– (p150) Que cambios máis importantes se produciron no neolítico? Que significa sedentario? En que lugares do planeta se producíu o paso ao sedentarismo? A que se coñece como Crecente Fértil?
– Que novos instrumentos aparecen nesta época?
– Saber describir os trazos máis salientables da vida no Neolítico: alimentación,instrumentos, crenzas relixiosas...
– (p152) Que é a Idade dos metais. Cando e onde se produce? Que novidades aporta?
– Cales foron os metais que primeiro comezaron a usarse? Que procedementos se empregaron para traballalos?
– Definir os termos: aliaxe,forxa, fundición, torno, molde, metalurxia, siderurxia
– Saber describir os trazos máis salientables da vida na Idade dos metais: alimentación,instrumentos, crenzas relixiosas...
– (p154) Que son monumentos megalíticos? Explica os principias tipos
– (p156) Cales foron as principias culturas da Idade dos metais na Península?


TEMA 8

– (p164) Que coñecemos por civilizacións fluviais no mundo. Onde se produciron? Que as causaron e que transformacións se produciron.
– (p166-168) Mesopotamia: marco xeográfico e cronológico: Onde se sitúa esta zona, Que país a comprende na actualidade, en que grandes rexións se divide e que significa o nome? Como se lle chama tamén a esta zona na época prehistórica?
– Cita as civilizacións e imperios que se sucederon neste territorio.
– Describe as principais características da cultura sumeria: organizacións social, economía, relixión, vida cotiá...
– (p172) Cita as principais aportacións das culturas mesopotámicas: escritura, funcionariado, roda, arco e bóveda, ladrillo, cerámica vidrada, astronomía...
– -Como se chama a súa escritra? Por que? Sobre que escribían? Para que comezaron usando a escritura? Que son pictogramas?
– A arte mesopotámica: arquitectura e escultura, principias manifestacións: Que é un cigurat? En que se diferencia dunha pirámide? Cal é o máis coñecido?. Que son as estauas de orantes? Que finalidade tiñam? Debes daber distinguir as aportacións culturais de cada civilización, e as obras máis salientables: Estandarte de Ur,Estatua de Gudea, Estela dos voitres, Estela de Hammurabi, friso dos leóns, porta de Isthar, friso dos arqueiros...
– Que son os touros alados e para que se usaban? Que son os xardíns colgantes? En que cidade se fixeron famosos?

paisaxes climáticas

Power point coas paisaxes dos principais climas e as características en España e Galicia

Cuestionario exame temas 5-6

TEMA 5

- Que é son os medios naturais?: extensas áreas xeográficas nas que o medio físico presenta características semellantes

- De que dependen as características dun medio natural?: da relación que se establece entre o clima, as augas, a vexetación e a fauna en cada un.

- Que tres grandes áreas climáticas existen na Terra?

- Que variantes climáticas existen?: Cálida: ecuatorial/tropical/desértica cálida // Temperada: oceánico/ mediterráneo / continental // Fría: polar/ clima de montaña/ desértico frío.

- Que dous tipos de climas non dependen exactamente cunha zona térmica:desérticos e climas de montaña

- Dos climas que se relacionan: ecuatorial, tropical, desértico, oceánico, mediterráneo, continental, polar, de montaña, debes saber as seguintes cousas:

+ localizar nun mapa do mundo as zonas máis importantes onde se localizan

+ Comentar un climograma típico ( p112).

+ Saber resumir as características máis importantes

+ Coñecer o tipo de vexetación e as especies que a compoñen

+ Coñecer a fauna típica

+ Coñecer as principais características das poboacións humanas: tipo de asentamento, actividades tradicionais e actividades modernas.

+ Saber comentar unha imaxe característica deste clima.

- Explicar o significado dos seguintes termos relacionados, que atoparás no estudo dos climas: precipitacións/ fauna/ flora/ vexetación/ actividades tradicionais/ deforestación/ caudaloso/sabana/ agricultura de rozas/ agricultura sedentaria/ nómades/ beduinos/ gandería comercial/ deserto/ oasis/ estepa/ bosque caducifolio/ bosque perennifolio/ campos cerrados ( bocage)/ campos abertos ( openfield)/ gandería ou agricultura mecanizadas/ sector servizos/ terra a barbeito/ hábitat concentrado/ hábitat disperso / landas/ /latifundio/ minifundio/agricultura de secaño/ agricultura de regadío/ estiaxe/ taiga/ tundra/ gandería estabulada/inuit ou esquimós/ lapóns ou samis/coníferas/uadis

TEMA 6

- Coñecer os factores que determinan un clima: altitude, latitude, distancia ao mar (p122)

- Coñecer e saber situar nun mapa os tipos de climas existentes en España e Galicia (p123)

- Coñecer as características principais dos climas de España galicia e das formas de vida adaptadas a eles ( tipo de hábitats, cultivos, fauna e vexetación...)

- Coñecer os principais problemas que ameazan ao medio natural en España e Galicia, as causas e as accións que deben levarse a cabo para evitalos ou minimizalos.

- Saber explicar os seguintes conceptos: contaminación/ polución/ reciclaxe/ recollida selectiva/ biodiversidade/ residuos sólidos urbanos/ compost/ reforestación / erosión dos solos/ sobreexplotación dos acuiferos

- Saber comentar unha paisaxe fotográfica ( p136)