TEMA 5
- Que é son os medios naturais?: extensas áreas xeográficas nas que o medio físico presenta características semellantes
- De que dependen as características dun medio natural?: da relación que se establece entre o clima, as augas, a vexetación e a fauna en cada un.
- Que tres grandes áreas climáticas existen na Terra?
- Que variantes climáticas existen?: Cálida: ecuatorial/tropical/desértica cálida // Temperada: oceánico/ mediterráneo / continental // Fría: polar/ clima de montaña/ desértico frío.
- Que dous tipos de climas non dependen exactamente cunha zona térmica:desérticos e climas de montaña
- Dos climas que se relacionan: ecuatorial, tropical, desértico, oceánico, mediterráneo, continental, polar, de montaña, debes saber as seguintes cousas:
+ localizar nun mapa do mundo as zonas máis importantes onde se localizan
+ Comentar un climograma típico ( p112).
+ Saber resumir as características máis importantes
+ Coñecer o tipo de vexetación e as especies que a compoñen
+ Coñecer a fauna típica
+ Coñecer as principais características das poboacións humanas: tipo de asentamento, actividades tradicionais e actividades modernas.
+ Saber comentar unha imaxe característica deste clima.
- Explicar o significado dos seguintes termos relacionados, que atoparás no estudo dos climas: precipitacións/ fauna/ flora/ vexetación/ actividades tradicionais/ deforestación/ caudaloso/sabana/ agricultura de rozas/ agricultura sedentaria/ nómades/ beduinos/ gandería comercial/ deserto/ oasis/ estepa/ bosque caducifolio/ bosque perennifolio/ campos cerrados ( bocage)/ campos abertos ( openfield)/ gandería ou agricultura mecanizadas/ sector servizos/ terra a barbeito/ hábitat concentrado/ hábitat disperso / landas/ /latifundio/ minifundio/agricultura de secaño/ agricultura de regadío/ estiaxe/ taiga/ tundra/ gandería estabulada/inuit ou esquimós/ lapóns ou samis/coníferas/uadis
TEMA 6
- Coñecer os factores que determinan un clima: altitude, latitude, distancia ao mar (p122)
- Coñecer e saber situar nun mapa os tipos de climas existentes en España e Galicia (p123)
- Coñecer as características principais dos climas de España galicia e das formas de vida adaptadas a eles ( tipo de hábitats, cultivos, fauna e vexetación...)
- Coñecer os principais problemas que ameazan ao medio natural en España e Galicia, as causas e as accións que deben levarse a cabo para evitalos ou minimizalos.
- Saber explicar os seguintes conceptos: contaminación/ polución/ reciclaxe/ recollida selectiva/ biodiversidade/ residuos sólidos urbanos/ compost/ reforestación / erosión dos solos/ sobreexplotación dos acuiferos
- Saber comentar unha paisaxe fotográfica ( p136)