Temas 3-4 ORIENTACIÓNS XERAIS SOBRE A MATERIA QUE ENTRA NO 2º EXAME DA 1º AVALIACIÓN

Para aclarar o sentido da resposta dalgunhas preguntas, se apunta a contestación . Lembra que o cuestionario é só unha orientación e debes estudar polo libro e as notas de clase. TEMA 3 – Que é a Hidrosfera? Que porcentaxe aproximado da superficie terrestre ocupa? – Que tipos de augas a constitúen? Augas mariñas=97´5% Que son oceanos? Ciata os cinco océanos principias. Que son mares? Augas continentais= 2,5%. En que forma podemos atopar as augas dentro dos continentes? Explica e representa cun debuxo o ciclo da auga. – Que características teñen as augas salgadas? Salinidade e temperatura De que dependen? Define os seguintes termos: auga doce, auga salgada, auga potable – Que movementos teñen os mares e os océanos: ondas, mareas e correntes.Define estas tres palabras.Que causa provoca cada un destes movementos? Interpretar dun mapa de correntes mariñas(páx. 61) explicando onde están as principais correntes cálidas e frías, e que corrente é moi importante para nós e por que. – Define que son os ríos, glaciares , lagos e acuíferos e os traballos de erosión sobre a superficie da terra que realizan. Explica os seguintes conceptos: Conca dun río, caudal, afluente, vertente, meandro, delta, estiaxe, fervenza circo glaciar, morrena, acuífero, preamar, baixamar.Que diferenza existe entre lago e lagoa? Que tipos de ríos hai pola súa orixe?: nival, pluvial e mixto. Que partes ten un río e que acción predomina en cada parte? Curso alto- erosión, curso medio-transporte, curso baixo- sedimentación. – Cal é problema da auga.na Terra? Só o 2´5 é doce, desta o 1,8 está nos xeos dos polos, só o 0,7% está dispoñible para o consumo, e atópase moi desigualmente reapartida Como se recicla e purifica a auga na natureza?Que consecuencias está previsto que cause o cambio climático? Que é a sobreexplotación dos acuíferos? Cita algúns puntos do planeta que teñan problemas de escaseza de augas. – Explica nun cadro algúns dos usos máis importantes das augas doces e salgadas TEMA 4 – Que é a atmosfera e ata que altura se extende?. Explicar nunha imaxe as capas, altitudes e composición da atmosfera. Explicar a importancia da capa de ozono.Que gases compoñen a atmosfera, e en que proporción? Nitróxeno 78%, asíxeno 21% Outros 1% (vapor auga, dióxido de carbono, ozono... Tamén hai en suspensión po, polen e axentes contaminantes producidos pola queima de combustibles fósiles). Por que temos asíxeno en todas partes da superficie terrestre? Se subimos a 8000 mts. Temos o mesmo osíxeno? Que é a troposfera e ata que altura chega? – Que é o tempo e o clima?. Elementos ( temperatura, precipitacións, presión atmosférica e vento) e factores ( altitude, latitude e distancia ao mar) o condicionan?.Que ciencia estuda o tempo? Que ciencia estuda o clima? – Que é temperatura atmosférica? Con que se mide e en que unidade de medida? termómetro. As temperaturas se miden en gros centígrados Cº ou Farenheit Fº Como se chaman as liñas que unen puntos da Terra que teñen a mesma temperatura? Isotermas . Que determina a temperatura dunha zona? A incidencia dos raios solares sobre ela . En cantas zonas climáticas se divide a Terra? Tres: cálida, temperada e fría. Marcar nun debuxo as zonas climáticas ( páx 79). Se aumentamos a nosa altitude cada cantos metros baixa un grao a temperatura?. Podemos vivir indefinidamente por riba dos 8000 mts? A que altura as montañas teñen neves perpétuas? – De onde vén a humidade do aire?. Que son as nubes ? Que son as precipitacións? En que formas poden caer? Líquida- chuvia ou sólida- sarabia e neve. Cal é o instrumento de medida das precicpitacións, e en que unidade se miden?Como se chaman as liñas que unen puntos da Terra coas mesmas precitación? Isoietas Que factores inflúen nas precipitacións? – A presión atmosférica: anticiclóns e borrascas. Que son? como se forman? Que é o vento, orixe. Explica os tipos de ventos hai?: constantes, estacionais, diarios. – Que tipos de climas hai en cada zona climática da Terra: Cálidos ( por riba dos 18º de media anual: tropical ( non hai estacións, e todos os días teñen a mesma temperatura e Chone) e ecuatorial( dúas estacións, a seca e a húmida). Temperaddos: Oceánico ou Atlántico ( catro estacións equilibradas, temperado). Mediterráneo ( catro estacións, con primavera e outono curtos, inverno de tres meses e verán longo. É temperado-cálido) e Continental ( catro estacións desequilibradas, verán curto e inverno longo. É temperado-frío). Fríos: Polar( temperaturas practicamente todo o ano baixo cero) e de Montaña (fríos que varían segundo a altitude. Ademáis están os climas desérticos ( fríos ou cálidos), distribuídos por todas as zonas climáticas, pois dependen doutros factores (ventos, cadeas montañosas) . Saber comparar as características dos diferentes tipos de climas. - Que deferencia hai entre tifóns, cliclóns e furacáns? Onde se orixinan e que son os tornados?Cita algunha catástrofe ocasionada polo clima: vagas de frío ou calor, enchentes e inundacións, secas. Qué é o cambio climático? - Que é a biosfera e entre que distancias está comprendida?A que chamamos solo e de que se compón?Que é a vexetación? Cales son as formacións vexetais máis importantes?Que é a fauna e por que está integrada?